HÉCTOR CAJARAVILLE, NA BIBLIOTECA


Co alumnado de 4º curso de Primaria. 

A último encontro con autores tivo lugar o pasado venres día 8 de xuño. O escritor invitado foi Héctor Cajaraville, premiado hai tan só unha semana co Premio Merlín de Literatura Infantil, quen estivo cos rapaces de 4º de Primaria falando da súa obra Quen da a quenda?, lectura obrigada este curso.

A través da conversa, Héctor mostroulles o oficio de escritor: como se inspira para crear os distintos personaxes e capítulos, como hai que revisar e reler moitísimas veces ata chegar a unha versión que sexa do noso agrado, como se fía do criterio de dúas ou tres persoas en quen confía plenamente...


O encontro rematou coa firma de libros e coa dedicatoria do autor recollida no noso Libro de sinaturas.




Comentarios