EN 1º E 2º DE PRIMARIA...


... lemos cómic, vemos un vídeo e tomamos medidas.

A primeira proposta que vos facemos é ler. Na túa aula, ou na Biblioteca do cole, podes coller o último número da revista O Papagaio e ler a sección de Ecoloxía, na que aparece un cómic titulado Os barcos do Suso duran 500 anos.

A segunda proposta vai sobre microplásticos. Sabes o que son os microplásticos? Minúsculas partículas de plástico que poden proceder da degradación de bolsas e outros obxectos deste material que rematan no mar. Neste sinxelísimo vídeo podes recoller ideas para pór en práctica e contribuír a mellorar a saúde dos nosos mares.




Despois de analizar o cómic e o vídeo, que credes que poderiamos facer para solucionar o problema dos plásticos? Cóntadenolo no panel que atoparedes ó lado da Biblioteca. 

Comentarios