SORPRESA NA BIBLIOTECA...


... e verde agasallo de Nadal!

Tras as vacacións de Nadal, o comezo do segundo trimestre estivo cargado de boas sorpresas.

A primeira, na Biblioteca, porque, despois de dous cursos perdida entre as moreas de pó, de súpeto, sentada nun sillón, apareceu... a Maga Tomasa! Debeu de traballar arreo este Nadal, porque a Biblioteca semella máis ordenada.

E a segunda sorpresa atopámola no patio. Apareceron plantadas unha ducia de árbores. De momento, case ninguén se enterou: como é inverno perderon as súas follas. Pero seguro que, na primavera, gozaremos coa sombra que nos proporcionarán. Non sabedes o que pega o sol nos patios do noso cole!









Comentarios

verónica DE LA IGLESIA ESTEVEZ ha dicho que…
Bravo!!! por fin un espazo natural para os peques!!!