QUE BEN O PASAMOS...


... con Rubén e máis os seus pais. 

Despois dos contos e os agasallos do Nadal pasaron pola aula de 4 anos B os pais de Rubén, para aprendernos varios xogos tradicionais. E, de paso, concienciarnos niso da reciclaxe e o consumismo.

Os papis explicáronnos en que consisten os xogos tradicionais, e presentáronnos varios deles: a rá, a chave, os circuitos de chapas... e nós xogamos por equipos. Que ben o pasamos!

Ó rematar agasalláronnos cunha medalla de galleta, e deixaron os xogos na nosa aula, para que poidamos seguir xogando.











Como imos seguir gozando! Grazas, papis!


Comentarios