UN DÍA DA PAZ...


... en cinco actos!

O día 30 de xaneiro, como cada ano, celebramos o Día da Paz. O tempo non acompañou, e non foi posible reunírmonos todos xuntos, como era a nosa intención. Aínda así, fíxemolo en dúas quendas. Así, ademais de pasalo ben, refrendamos o noso compromiso co coidado do Planeta.

Este curso traballamos sobre o PDI Primus circumdedisti me, co que celebramos o V Centenario da Primeira Volta ó Mundo. Polo Día da Paz quixemos dar tamén a Volta ó Mundo con Greta Thumberg, e comprometernos a salvar o Planeta.

Estes foron os cinco actos que conduciron á celebración do 30 de xaneiro:
  1. Aprendemos unha canción
  2. Reto 1: Aforra enerxía 
  3. Reto 2: Aforra auga
  4. Reto 3: Recicla, reforesta... e cambia o mundo!
  5. Celebramos o Día da Paz
Sigamos a cambiar o mundo todo o ano!

Comentarios