RETO NÚMERO 3:


Recicla, reforesta... e cambia o mundo!

Ola, chicos e chicas! Por fin chegamos ó noso terceiro e último reto. Aínda que... xa sabedes! Temos que seguir a practicar os outros dous!

Para empezar, hoxe imos botar unha ollada á prensa. Fíxate na seguinte captura de pantalla: corresponde ó exemplar do Faro de Vigo do domingo 26 de xaneiro de 2020.


Semella incrible que unha comunidade tan verde coma a nosa poida estar ó borde da desertización. E, sen embargo, é así, porque nós non estamos a coidar ben o noso medio ambiente. Xa co titular temos pistas dabondo para traballar. Pero se es alumno de 5º ou 6º de Primaria ou se, simplemente, tes curiosidade, podes ler a nova completa neste enlace.

Existe unha regra de ouro para coidar o noso medio ambiente: a Regra das tres R. Ata o de agora, temos proposto reducir o consumo de auga e enerxía. Máis adiante, cando a nosa Biblioteca creativa esté en funcionamento, traballaremos o reutilizar. Pero hoxe imos proporvos reciclar. Neste vídeo podedes coñecer por que estas tres accións resultan tan importantes.




Pero... como reciclar? Aprendede a reciclar correctamente con este vídeo:



Acabamos de aprender un montón de cousas que podemos pór en práctica cos residuos das nosas vivendas. Pero... e na escola?




  1. Adica unha caixa na clase para o reciclado do papel.
  2. Bota os restos orgánicos da túa merenda no contedor verde que atopes no patio. Utilizarémolo para facer compost co que abonar as nosas plantacións. 
  3. Bota os restos de envases no contedor amarelo que atopes no patio



Se fas moi ben o traballo anterior, poderemos aboar a terra, plantar árbores autóctonas e evitar a desertización desta terra verde e fermosa. 

Como seguro que ides facer isto con moito interese, merecedes este recordatorio musical. 



Ánimo chicos! Todos a acadar o reto!

Comentarios