500 ANOS DUN RETO...


... cal é o noso?

Hai cinco séculos, Fernando de Magallanes propúxose un reto: chegar ás Illas das Especias navegando hacia o Oeste. Grazas ó seu tesón e ó de Juan Sebastián Elcano, o reto cumpriuse, e, de paso, demostrouse que a Terra era redonda. Se nos vestísemos coa pel de ambos os dous seguramente quedariamos abraiados coas fermosas paisaxes e as culturas tan diferentes que descubriron durante tres longos e difíciles anos.

Que queda de todo iso cinco séculos despois?

Pois cincocentos anos máis tarde, unha moza tan perseverante como Magallanes e Elcano ven de dar a volta ó mundo, aínda que, nesta ocasión, non nunha nao, senón a través das redes sociais. Trátase de Greta Thunberg, unha nena sueca que nos está concienciando de que o mundo tan marabilloso que descubriron os protagonistas do noso PDI pode ter os días contados.

E que podemos facer nós...?

Neste vídeo podes atopar algunha pista.



Que pensas?

Atréveste a participar no reto?

Quedan tres semanas para o Día da Paz. Cada semana, proporemos un reto, que debe perdurar ó longo do curso. Cada aula debe organizarse para que o reto se cumpla.

Reto 1: Aforra enerxía. 

Cantas veces queda acesa a luz da aula? Cantas o cañón iluminando inutilmente? E canto frío pasamos na escola cando deixamos abertas as portas do patio?

Este é o noso triple reto para esta semana.

A por el!






Imaxe: ANDERS HELLBERG. Greta Thunberg no exterior do Parlamento sueco. En Wikimedia Commons. CC BY SA

Comentarios