A FAMILIA DE BRUNO E XELA...




... cóntanos sobre o PDI.

Nas aulas de 5 anos a intervención das familias resulta fundamental para traballar o PDI. Unha das que se achegou á clase dos Golfiños foi a de Xela e Bruno

Comezaron contándonos como eran as condicións de navegación nas naos, para continuar coas provisións que levaban Magallanes e Elcano na Primeira Volta ó Mundo. 

Logo coñecimos o percorrido desa Primeira Volta ó Mundo, deténdonos nas distintas paradas e coñecendo as culturas e costumes deses lugares. 



Como vedes, aprendemos e traballamos moitísimo.

Grazas, familia!


Comentarios