MADEIRA DE DEBUXANTE



En 5º curso de Primaria. 

Hai unhas semanas, na Aula de Música, propúxose á rapazada elaborar un cómic sobre a vida de Beethoven. Empregamos para iso diversa información ofrecida dende este blog de Biblioteca

Esta proposta obtivo uns produtos moi bos que podedes consultar no blog da Aula de Música

Sen embargo, queremos publicar aquí un deles. Sorprendente a imaxinación da nosa alumna Sabela Braña, na creación dos personaxes e no fío da historia. Premede na seguinte imaxe para acceder ó documento. 

Aquí hai madeira...! Non credes?

Parabéns, Sabela! Segue así!


Comentarios