ENTREVISTA VIRTUAL...

 


... cunha auténtica científica. 

O martes 9 de febreiro, no marco da semana na que celebramos o Día da Nena e a Muller na Ciencia, unha boa parte do alumnado de Primaria tivo o privilexio de contactar cunha científica de verdade. 

Por quendas, os rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º conectaron con Irene López, unha científica especializada e neurociencia que traballa no laboratorio de Neuropsicofarmacología molecular da Universidade Complutense de Madrid

A través de encontros virtuais a cativada asistiu a unha interesante exposición sobre ilusións ópticas e alucinacións visuais: todo froito da acción do noso cerebro. 


Moitas grazas, Irene!

Comentarios