POLO DÍA INTERNACIONAL DA RADIO...

 


... estreamos a nosa programación de Radio Castelao!

Os rapaces de 4º de Primaria levan semanas emocionados preparando o seu primeiro programa de radio. Unha verdadeira tarefa que pasou por varias fases: 
    • análise das novas da prensa: titulares, corpo, estilo...
    • invención de novas de creación propia;
    • escoita e análise dun programa de radio; 
    • creación da escaleta do programa; 
    • escritura do guión no ordenador; 
    • elección dunha sintonía;
    • gravación do programa do equipo;
    • elección dun título para o programa; 
    • gravación da cabeceira
Pois despois de todo isto, presentámosvos a primeira publicación do noso programa O imaxinaTIVO de 4º. Por se non vos destes conta, o nome ten moita miga: xa que se trata de un informativo imaxinativo, con novas ficticias, os rapaces elixiron ese nome que combiña as palabras imaxinación e informativo

Deixámosvos co primeiro programa, que correu a cargo do Equipo dos Linces. Esperamos que gocedes coma eles!

Comentarios