ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA



Ambientando, recitando, investigando. 

O pasado 24 de febreiro, como cada ano, celebramos o Día de Rosalía. Un día no que o alumnado tivo unha grande implicación en todos os niveis, traballándose múltiples destrezas. Neste post recollemos as actuacións desenvolvidas. 

  • Ver. O alumnado de 5º de Primaria foi o encargado de crear a carteleira que decora a entrada da nosa escola.
  • Investigar e contar. O alumnado de 4º de Primaria investigou sobre Rosalía e deunos a coñecer todo a través dun programa de radio. 
  • Escoitar e pensar. Dende o Equipo de Biblioteca propuxemos a escoita dun poema musicado de Rosalía.  

  • Escribir. Na aula de 5 anos A traballaron a grafomotricidade creativa para decorar Negra Sombra

  • Decorar. Na aula de 4 anos A traballaron a atención, a coordinación viso-motriz e a aproximación á escritura cun puzzle - mural sobre Rosalía. 

  • Crear. Despois de se informar, o alumnado de 1º e 2º de Primaria creou uns preciosos libros sobre Rosalía e pintou o seu retrato empregando a técnica de Andy Warhol. 

Comentarios