AS FAMILIAS INVOLÚCRANSE NO NOSO PDI

 

As familias xúntanse para mellorar o noso Patio Vivo e a horta. 

Os nosos cativos están entusiasmados co PDI deste curso, pero... as familias non o están menos!

Comandadas pola Comisión do Patio Vivo da ANPA, algunhas familias véñense reunindo varios días para adecentar o invernadoiro, delimitar mellor os bancais da horta ou protexer os asentos do patio vivo. 





E mentres, as cabeciñas seguen a pensar, e xa teñen novos proxectos á espera. 




Grazas, familias, polo voso agarimo e o voso tempo!

Comentarios