VIVA A CREATIVIDADE!


Preparamos un cómic con mensaxe ecolóxica. 

A rapazada de 5º curso de Primaria é creativa onde as haxa. Preparando a continuación do obradoiro proposto por Paola Guimeráns, entregamos a cada parella dúas follas coma estas e unha única consigna: crear un cómic con catro escenas. 




Os cativos traballaron con ganas, e cunha gran predisposición. Ante os espartanos materiais, botaron man da creatividade, cuns resultados magníficos e moi variados. 











Se premedes na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos no que se reflicte, paso a paso, todo o traballo desenvolvido. 


Agora só queda traballar coas placas makey-makey. Pero iso será no terceiro trimestre!


Comentarios