VISITA DE ANTONIO FRAGA...


... para charlar sobre Papá Caníbal

O pasado venres 25 de marzo estivo na nosa escola Antonio Manuel Fraga, autor de Papá Caníbal, o libro que está a ler a rapazada de 3º e 4º de Primaria. Unha novela deliciosa e divertida, na que o punto de vista cobra unha gran importancia. 

A visita deu para moito: o autor contounos como xurdiu a idea para escribir este libro ou como elixiu o nome dos personaxes. E rematou firmando os nosos exemplares. (Algo debeu quedarlle de caníbal, que pensaba que estabamos moi apetitosos). 

Podedes ver máis imaxes premendo na seguinte foto. 


E aquí deixámosvos o agarimoso comentario que Fraga deixou no noso libro de visitas. 



Nos tamén gozamos moito coa túa presencia, Antonio!


Comentarios