CELEBRAMOS OS MAIOS NO PATIO VIVO

Todo o cole xunto, cantando e bailando. 

Para celebrar o Día das Letras, este curso quixemos xuntarnos todos a cantar e bailar no Patio Vivo. E... que mellor que celebrar os maios...? Así que... chegamos ó cole vestidos de branco e adornados con flores. 

Despois da merenda fómonos achegando ó Patio Vivo. 

Contamos cun marabilloso maio humano


O alumnado de 4º contounos en que consiste a tradición dos maios. 


E o de 3º animou as coplas que inventaron os rapaces e rapazas do segundo ciclo. 


Todos nos sumamos coa copla tradicional e coas palmas do retrouso. 


E rematamos a festa bailando ó son de O Maio de Curros Enríquez


Podedes ver as felices imaxes premendo na seguinte foto. 


Grazas a todos por este acto tan sinxelo, pero tan emotivo. 


Comentarios