OBRADOIRO CON MARK RITCHIE

 

Coas aulas de 5 anos. 

Hai un par de semanas estivo na nosa biblioteca Mark Ritchie, nun marabilloso obradoiro no que aprendemos a facer collage con papeis de cores, mesas de luz e acetatos. O proxecto deste curso serviu como tema de inspiración, e, en todo intre, a creatividade e a reciclaxe foron os leit motiv

Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos da xornada. 

Ah...! Importante! Aprendemos tamén a ver e a preservar a nosa obra efímera a través dunha cámara de fotos. 


E premendo na seguinte foto poderedes contemplar as nosas obras de arte. 


Grazas, Mark, por nos aprender tanto!




Comentarios