INVESTIGANDO SOBRE A PREHISTORIA EN 4 ANOS A

Durante o mes de abril.

Durante o mes de abril continuamos a recibir as visitas das familias na aula de 4 anos A. A familia de Xoel explicounos dous dos maiores descubrimentos prehistóricos: a roda e o lume. Tras a explicación tocamos unha roda e construimos un pequeno carro. 

Pola súa banda, os papás de Breogán acompañáronos cunha completísima actividade prehistórica, consistente en conto, marionetas, carautas... e unha tartaruga de verdade!


Premede na imaxe anterior para visualizar máis momentos destas visitas. 

Moitas grazas, familias!


Comentarios