OBRADOIRO DE COCIÑA

 

Co alumnado de 3º A. 

A semana pasada comezamos un Obradoiro de Cociña no que, ademais de elaborar un doce delicioso con produtos de tempada, traballamos un montón de competencias e aprendemos moitas cousas: 

      • aplicamos as normas de hixiene;
      • empregamos a cámara para gravar o noso programa;
      • traballamos a motricidade fina; 
      • pesamos na balanza;
      • fixemos contas para botar as cantidades axeitadas; 
      • traballamos a expresión oral en lingua galega;
      • cooperamos para elaborar un produto común; 
      • deixamos a cociña arranxada e preparada para un novo uso. 
Neste vídeo poderedes aprender como elaborar, paso a paso, pasteliños de cabelo de anxo


E se premedes na seguinte imaxe gozaredes con distintos momentos do noso obradoiro. 



Comentarios