PREMIO PARA O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL
Polo seu traballo sobre a Prehistoria.
Queridas familias:
Queremos compartir convosco unha noticia marabillosa: o proxecto que o curso pasado desenvolveu o alumnado de 5º de Educación Infantil resultou gañador no IX Concurso de Traballo por Proxectos, na categoría proxectos de investigación de grupo ou nivel.
Con este proxecto, o alumnado viaxou á Prehistoria para descubrir as pegadas do noso pasado e o descubrimento da agricultura, tan importante para a evolución da especie humana. Os cativos aprenderon mentres xogaban, investigaron, descubriron a importancia do lume, da roda, o troco… as formas de vida nas diferentes etapas, os cultivos máis importantes do noso pasado (a cabaza, o liño…) e, sobre todo, gozaron desta grande viaxe o noso pasado.
Neste enlace accederedes ó traballo premiado.
Moitos e merecidos parabéns!
Comentarios