RECREOS NA BIBLIOTECA
Para o alumnado de Primaria.
Moito do noso alumnado precisa dunha alternativa máis recollida e tranquila que a que pode atopar no patio de recreo. Por iso, a Biblioteca preséntase como un refuxio onde desenvolverse individual ou grupalmente.
Porén, esta posibilidade esixe unha organización e un esforzo que non son doados de artellar.
Pouco a pouco todas as pezas da engranaxe foron axustándose, e, por fin, conquerimos establecer unhas quendas de atención durante os recreos, polo que o alumnado puido comezar a facer uso das instalacións da Biblioteca.
Como podedes ver se premedes na seguinte imaxe, as actividades son variadas: lectura de evasión, debuxo, xogo en grupo...
Continuaremos propoñendo actividades.
Comentarios