EXPLORANDO A SABANA CO BEE BOT: UNHA AVENTURA ENTRA ANIMAIS E PENSAMENTO COMPUTACIONAL
Na aula de infantil, cada día é unha nova oportunidade para descubrir o mundo xogando e aprendendo. Esta semana, o noso Bee-bot viaxou ata a sabana africana para coñecer aos animais que nela habitan.
Este pequeno robot con forma de abella acompañounos nunha experiencia chea de aprendizaxes, retos e diversión. O noso obxectivo foi coñecer mellor os animais da sabana (como o león, a xirafa, o elefante ou a cebra) e iniciarnos no marabilloso mundo do pensamento computacional.
- Preparamos un gran taboleiro con pezas dos animais da sabana.
- Cada neno e nena programou o Bee-Bot para que chegase ata o animal ao que quería coñecer o Bee-Bot
- Antes de premer os botóns, pensabamos os pasos a seguir: cantas veces avanzar, cando xirar e cara a onde.
Aprendendo desta maneira estratexias de:
- Orientación espacial e lateralidade: dereita, esquerda, diante, atrás…
- Pensamento lóxico e secuencial: ao programar o Bee-Bot, aprendemos a planificar, anticipar erros e buscar solucións.
- Traballo cooperativo e expresión oral: colaboramos, explicamos os nosos pasos e axudámosnos.
Foi unha experiencia chea de aprendizaxes e ilusión! Seguiremos descubrindo novos mundos co Bee-Bot, aprendendo a pensar, planificar e resolver como pequenos programadores.
Comentarios