LETRAS GALEGAS: AS CANTAREIRAS

Este ano,  a Real Academia Galega decidiu homenaxear  a sete mulleres que representan a tradición galega: Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira Santos,  Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, Manuela Lema Villar e Teresa García Prieto.  Estas mulleres foron creadoras e transmisoras de arte galega, mantendo viva a lingua e a cultura galegas a través das cantigas. A súa contribución foi esencial para que a poesía popular oral chegase ata os nosos días. 
Para celebrar o día das Letras Galegas, o alumnado de 4ºA preparou un podcast homenaxeando a nosa cultura e tradición oral. 
Tivemos a sorte de recibir a dúas pandereteiras, María Rueiro e Carmen, que mostraron aos nenos/as os toques básicos de pandeireta. 
Nas aulas tamén fixeron actividades para coñecer e profundizar nesta conmemoración grazas o material aportado polo Seminario Galán e tivemos a visita de María que cantounos varias cantigas e Aina (alumna de 4 anos) e Miguel (irmán da mestra Noelia). 



Premendo na imaxe podedes acceder á publicación das Letras Galegas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


(Premendo na imaxe accederedes á revista)



Comentarios