XUNTANZA DE CLUBES DE LECTURA

 O 5 de maio, os Clubs de Lectura do Ceip Castelao  e o Ceip Seis do Nadal tivemos un novo encontro. 

Nesta ocasión fomos invitados aos  Ceip Seis do Nadal e xuntos vivimos unha xornada moi especial con a escritora e ilustradora Andrea García. 

Nesta sesión tan divertida e motivadora, Andrea presentounos animais fantásticos que habitan nas nosas aldeas: vacas, galiñas...

Andrea explicounos que escribiu o libro durante o covid e que o rematou nun mes. Era o seu traballo de fin de master e nunca pensou que algunha editorial quixera publicalo. 

O seu libro está ambientado na aldea de Froxán e nel aparecen recollidas lendas como a Santa Compaña, o Home do saco...

Os nenos e nenas estiveron enganchados desde o primeiro momento, gozando das historias participando activamente coas súas preguntas e imaxinación. Moitos mesmo se animaron a crear os seus propios animais fantásticos seguindo as instrucións da ilustradora.



Comentarios