DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, a nosa biblioteca viviu unha xornada moi especial chea de ilusión, lectura e ganas de compartir historias.

Nesta ocasión, o nosos axudante de biblioteca, o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria, foron os encargados de presentar unha das iniciativas máis agardadas: as Mochilas Viaxeiras.

Con moita ilusión, explicáronnos en que consiste esta proposta  ao resto do alumnado e animaron a todos os nenos e nenas a participar nesta aventura lectora que levará os libros desde a biblioteca ata os fogares.

Cada mochila viaxará de casa en casa cargada de libros, contos e propostas para gozar da lectura en familia, compartir momentos especiais e descubrir novas historias.

Porque ler é unha aventura que medra cando se comparte!

Grazas aos nosos axudantes de biblioteca polo seu entusiasmo, compromiso e colaboración.



Comentarios