SÚMATE AO BO TRATO
Benvidos a un novo curso que comezamos con moita ilusión e cunha proposta do equipo de convivencia.
Cada mes proporán un reto para sumarnos ao bo trato.
Neste podcast o alumnado de 6º fala sobre do reto de outubro: empregar máis as fórmulas de cortesía.
Ao longo deste programa de radio, o alumnado recórdanos a importancia de utilizar palabras e expresións como «por favor», «grazas», «desculpa» ou «bos días», e de falar con respecto e amabilidade.
Porque pequenos xestos e palabras poden marcar unha gran diferenza na convivencia!
Comentarios