A TERRA FOI PLANA...
... segundo a xente da Idade Media.
Continuando a investigación sobre a vida na Idade Media, Oliver e a súa nai achegáronse á aula de 5 anos para falar sobre as crenzas da xente da Idade Media, que pensaba que o mundo era plano, e que os seus bordes estaban cheos de monstros.
Pero... equivocábanse!
Oliver e a súa nai aportaron diversas representacións planas da Terra, e tamén unha esfera terrestre.
E aquí vos deixamos con outros momentos da exposición.
Grazas, familia!
Comentarios