DISFRUTANDO DA VISITA DE LEDICIA COSTAS...
... na nosa Biblitoeca.
Esta mañá, o alumnado de 6º curso de Primaria tivo a satisfacción de recibir na nosa biblioteca a Ledicia Costas, a autora de Esmeraldina, a pequena defunta, que foi o libro de lectura que traballaron durante este curso.
Coa súa graza característica, Ledicia contounos os segredos desta precuela de Escarlatina, así como da súa continuación Os arquivos segredos de Escarlatina. E tamén nos adiantou algunha cousa da súa última obra: A señorita Bubble.
Tantas e tan divertidas eran as anécdotas que nos contou das súas visitas ós coles que Pedro deulle unha boa idea: ir tomando notas para facer unha autobiografía.
Ledicia tiña unha mañá realmente ocupada: esperábana noutros dous colexios. Así que, despois de nos contar que está desexando que chegue xuño para escribir a segunda parte da señorita Bubble, firmou os nosos libros.
Mara e Estela entregáronlle un agasallo: a foto da visita que nos fixo o curso pasado.
Aquí vos deixamos con algunhas imaxes da sesión. Premede na foto para ver o resto do álbum.
Ledicia estreou o fermosísimo Libro de sinaturas que nos proporcionou Montse, a nosa directora...
... e no seu interior deixounos esta preciosa dedicatoria, a xeito de caligrama:
Grazas, Ledicia! Esperamos verte pronto con novas aventuras!
Comentarios