HORA DO CONTO NA AULA DE 3 ANOS
Cos alumnos de 3º de Primaria.
Os nenos e nenas de 3º adoitan facer co seu mestre, Iago, unha actividade semanal que preparan por parellas con moito entusiasmo: ler un conto ós cativos de 3 anos A.
Nesta ocasión presentámosvos a Leo e a Edgar contando unha historia da entrañable Rata Luisa: No mar. Como vedes, auténticos profesionais.
Os cativos, ademais de estaren moi atentos, gozaron moitísimo cos materiais creados.
Comentarios