SARA E A SÚA AVOA
A aula de 3 anos A recibiu recentemente unha visita moi especial: a da avoa de Sara, que resultou ser unha gran contadora que nos narrou unha historia que nos encanta: A que sabe a lúa?
Di a profe Laura que, coas súas historias, conseguiu conquistar á rapazada, que permaneceu toda a sesión contendo a respiración.
Moitas grazas, avoa! Esperamos seguir contando contigo no porvir!
Comentarios