DECORAMOS A NOSA CAMISETA


Co logo de Educando no monte.

Achégase xa o intre da gran xuntanza. Nas dúas semanas previas, por grupos, os nenos e nenas dos diferentes niveis (e tamén os seus mestres e mestras) temos pasado polo vestíbulo da escola para decorar as nosas camisetas brancas co logo de Educando no monte. Nesta tarefa recibimos a inestimable axuda de Luis, o noso conserxe.

Como veredes, tratouse dun auténtico obradoiro creativo, onde os cativos deron renda solta á súa imaxinación. Premede na seguinte imaxe para ver o álbum enlazado.



Talvez salga de aquí algún ilustrador gráfico!

Comentarios