CELEBRAMOS UN VERDE NADAL...


... cos amigos de Alento e APAMP. 

Como cada ano, o alumnado de 1º e 2º de Primaria achegouse, cos seus titores, ás instalacións dos nosos veciños para celebrar con eles o Nadal. Este ano, en consonancia co noso PDI, levaron unha mensaxe moi ecolóxica: tamén no Nadal hai que protexer o medio ambiente. Así pois, os rapaces e rapazas derepresentaron a obra A árbore de Papá Noël. Logo, os de bailaron un animado Jingle Bells. 

Como sempre, a interacción cos usuarios e familiares de ambas as dúas institucións foi fantástica. A nosa actuación formaba parte da celebración do Nadal. De Alento saímos cun papá noël de refugallo elaborado polos asociados; e en APAMP agasalláronos cunha actuación musical e con galdrumadas.

Aquí tendes a montaxe de vídeo onde podedes darvos conta do que vivimos.



E premendo na seguinte imaxe poderedes ver outros momentos deste día tan divertido.


Comentarios