CÓNTAME UN CONTO!


Corre corre, cabaciña. 

Coral, Ayla e Alba, alumnas de 5º curso de Primaria, foron as iniciadoras desta actividade que, coa colaboración do EDNL, desenvolveremos os venres. Trátase de fomentar a oralidade en lingua galega, valéndonos, para iso, dos contos que transcurren no bosque.

Nesta ocasión, tratouse de Corre corre, cabaciña. Como vedes polas imaxes (premede na seguinte para acceder ó álbum), a contada estivo tan ben preparada que os escoitadores (os nenos e nenas de 3 anos A) estiveron atentísimos.


Grazas, chicas. Esperamos máis contos!


Comentarios

SARA ha dicho que…
Moito ensaiaron éstas rapaciñas para a contada, qué alegría que todo saira ben!
Maga Tomasa ha dicho que…
A ilusión e a tenacidade sempre dan bos resultados. Só hai que ver as fotos para comprobar o moito que traballaron e o tempo que lle adicaron. Parabéns!