FALEMOS DE CULTURA


Traballamos a Semana da Prensa.

Para conmemorar a Semana da Prensa, temos pensado elaborar un telexornal titulado Castelao en verde. O alumnado de 2º de Primaria será o encargado de preparar a sección de Cultura.

Antes de se pór mans á obra é preciso documentarse. Por iso deixamos aquí a nova do 80 aniversario do pasamento dun dos nosos máis grandes poetas: Antonio Machado.

En primeiro lugar, imos ver como se tratou esta nova (de finais do mes de febreiro) na prensa. Fíxate nesta imaxe dixital  que temos feito sobre a edición dixital do Diario de Mallorca, e coñece as diversas partes dunha nova da prensa escrita.







Le a nova completa neste enlace.

Agora fíxate como está tratada a nova na televisión. (Comeza o vídeo a partir do minuto 36:52).


Nesta nova imaxe interactiva explicámosche os elementos que debe ter a túa nova.






Xa estás preparado para crear a túa propia nova! A traballar!

Comentarios