FALEMOS DE DEPORTES


Traballamos a Semana da Prensa.

Para conmemorar a Semana da Prensa, temos pensado elaborar un telexornal titulado Castelao en verde. O alumnado de 3º de Primaria será o encargado de preparar a sección de Local.

Antes de se pór mans á obra é preciso documentarse. Por iso deixamos aquí a nova da exclusión da Selección Nacional de Kárate dos Xogos Olímpicos.

En primeiro lugar, imos ver como se tratou esta nova (de finais do mes de febreiro) na prensa. Fíxate nesta imaxe dixital  que temos feito do diario dixital SuperDeporte, e coñece as diversas partes dunha nova da prensa escrita.


Le a nova completa neste enlace.

Agora fíxate como está tratada a nova na televisión. (Comeza o vídeo a partir do minuto 46:01).




Nesta nova imaxe interactiva explicámosche os elementos que debe ter a túa nova.



Xa estás preparado para crear a túa propia nova! A traballar!

Comentarios