PRIMEIRA FOTO - DENUNCIA


Dende o Porto de Vigo. 

Como lembraredes, hai uns días enviamos ás familias unha nova suxestión titulada Practica a foto - denuncia! A familia de Alba, de 5 anos, ten sido rapidísima en contestar á nosa proposta. E, como vedes, a imaxe resulta realmente aterradora: o lixo acumúlase no mesmo centro da nosa cidade, ó lado do Berbés. A antiga praia na que se situaba o barrio mariñeiro de Vigo converteuse nun vertedoiro, agochado tras o muro da Avenida de Orillamar. Unha triste imaxe para dar a benvida ós trasatlánticos que amarran uns metros máis alá.

Grazas, familia, por participar e por nos sensibilizar ante esta triste realidade!

Comentarios