FALEMOS DO MUNDO


Traballamos a Semana da Prensa.

Para conmemorar a Semana da Prensa, temos pensado elaborar telexornal titulado Castelao en verde. O alumnado de 6º de Primaria será o encargado de preparar a sección de Internacional.

Antes de se pór mans á obra é preciso documentarse. Por iso deixamos aquí a nova sobre os dous concertos organizados coa intención de recadar axuda humanitaria para a poboación venezolana. Ambas as dúas accións serviron para reflectir os enfrentamentos entre as forzas gubernamentais e as opositoras que se están a producir en Venezuela.

En primeiro lugar, imos ver como se tratou esta nova (de finais do mes de febreiro) na prensa. Fíxate nesta imaxe dixital  que temos feito a partir da páxina web de Euronews, a canle europea de televisión adicada exclusivamente ás novas. Servirache para coñecer as diversas partes dunha nova da prensa escrita.


Le a nova completa neste enlace.

Sen embargo, Euronews non é un periódico ó xeito convencional, polo que as súas novas son moito máis dinámicas, e inxiren gran cantidade de vídeos, e incluso, capturas das redes sociais. Paga a pena que o comprobedes: https://es.euronews.com/2019/02/22/batalla-conciertos-frontera-cucuta-aid-live-hands-off-venezuela.

Agora fíxate como está tratada a nova na televisión. (Comeza o vídeo a partir do minuto 5:29).



Nesta nova imaxe interactiva explicámosche os elementos que debe ter a túa nova.




Xa estás preparado para crear a túa propia nova! A traballar!


Comentarios