DESCUBRINDO O TÍTULO DO NOSO PDI
Cuns días de retraso, debido ás obras na nosa biblioteca, a rapazada do colexio participou nas actividades propostas para descubrir o título e o tema do PDI deste curso.
En Educación Infantil os cativos compartiron un agradable rato cos seus compañeiros de nivel. Como se se tratase de ver unha película no cine, comendo flocos de millo, gozaron coa visión dun capítulo de Lunnis de Leyenda titulado Magallanes e Elcano. Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver outros momentos da sesión.
Os rapaces de 1º e 2º de Primaria estiveron coma tolos buscando pistas durante toda a semana. As ditas pistas viñan acompañadas de códigos QR e códigos alfanuméricos ou simbólicos cos que tiveron que traballar a atención, o cálculo, a lectura e a escritura. Premede na seguinte imaxe para acceder á galería de fotos. Quedaredes asombrados polo interese que mostraron!
Pola súa banda, a rapazada de 4º, 5º e 6º de Primaria partiu desta proposta elaborada con Scratch que combinaron con pistas localizadas en diferentes puntos da escola.
Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder á galería de fotos das actividades dos maiores.
E pulsando na seguinte foto poderedes ler o contido das diversas probas.
Unha actividade divertida na que traballamos en equipo e coa que descubrimos que o título do noso PDI deste curso é... Primus circumdedisti me!
Comentarios