AS MOCHILAS VIAXEIRAS, DE VOLTA


Para festexar o Día das Bibliotecas Escolares.

Como cada 24 de outubro, as Mochilas Viaxeiras empezaron a súa viaxe na nosa escola, acompañados polo alumnado bibliotecario. Un encontro cheo de expectación que fixo as delicias dos cativos, pero tamén dos axudantes bibliotecarios, que volvían emocionados ás súas aulas.

Na seguinte imaxe enlazada podedes coñecer o contido de todas e cada unha das mochilas.



Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó galería fotográfica da xornada.



Por último, deixámosvos con este vídeo, gravado na aula de 3 anos A. Leo, Laura e Rosalía foron os mestres de cerimonias. Que soltura!



Felices e saborosas lecturas!

Comentarios