DESEÑAMOS CARTEIS...


... coas nosas propostas para reciclar. 

Alá no Primeiro Trimestre, durante os diálogos suscitados polos vídeos cos que enfocamos o tema do noso PDI, a rapazada de 6º de Primaria fixo unha serie de propostas factibles para contribuír á defensa do Planeta. Esas propostas debemos gravalas nas nosas cabezas e nos nosos corazóns, para que non caian no olvido. E... por que non deseñar con elas carteis e decorar as nosas aulas?

Pois... meu dito, meu feito! Aproveitando a sesión de TICs o alumnado creou cadanseu cartel, recollidos nunha páxina web e pegados decorando as paredes da clase. 

Se premedes na seguinte imaxe accederedes á páxina web indicada. 




Comentarios