ENGANCHADOS A PAOLA...

... e ó seu Obradoiro de Makey Makey.                                                                                                                

O xoves día 24 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria viviron un día moi especial: a visita de Paola Guimeráns

Paola é unha muller polifacética: artista, creadora, pedagoga nata. Posúe unha mente extraordinariamente aberta que lle permite ter unha visión moi clara do que quere para si e do que quere para o mundo. Por iso a súa idea é a promoción das tecnoloxías STEAM como método ideal para erradicar estereotipos. 

Comezou o seu obradoiro mostrándonos un vídeo sobre camisetas intelixentes, faceta na que é experta, xa que os e-textis son o seu campo. Xa uns cantos mestres da costura empezaron a conectar as antenas.

Logo, por parellas, accedimos ó programa Scratch, e, cunhas pequenas pinceladas, xa fixemos unha pequena programación. 

Tocou logo conectar a placa Makey Makey e conectar todos os cables. 

Isto permitiunos coñecer, de xeito intuitivo, algúns elementos condutores, como o grafito ou o propio corpo. 



O tempo quedóusenos curto, pero, en canto nos cheguen as nosas Makey Makey continuaremos investigando e facendo cousas interesantes. 

Mentres tanto, gozade tamén vós co noso álbum de fotos, premendo na seguinte imaxe. 


Grazas, Paola, por facernos aprender tanto!

Comentarios