COMPLICIDADE LINGÜÍSTICA...
... na cociña!
En 4º A de Primaria comezamos o xoves pasado co Obradoiro de Cociña. Desta vez, elaboramos crema de cabaza e ensalada de rúcula, empregando para iso produtos da nosa horta.
No seguinte vídeo podedes tomar nota do proceso de elaboración.
A cociña, como a calceta, é lugar de confidencialidades, intimidade, descubrimentos e compromisos. E cociñando, reparamos en que cinco dos nosos participantes falaban galego estupendamente.
Tan entusiasmados estabamos que nos propuxemos: por que non falar galego na escola, igual que o falamos de xeito natural na casa?
Así xurdiu o compromiso destes cinco cativos que encabezan o noso post, e que decidiron pór nome ó seu comando: Galego resiste.
Premendo na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos da xornada.
Comentarios