UN CURSO DE CÓMIC
Seguimos a proposta da Asesoría de Bibliotecas escolares.
Este curso, as bibliotecas escolares temos a proposta de traballar sobre o cómic. Acompáñanos este magnífico cartel deseñado por Jorge Campos.
A Maga Tomasa quedou emocionada coa proposta. Así que... mans á obra! O primeiro foi mellorar a nosa colección de cómic.
Aquí tedes algúns dos exemplares que mercamos, pero... a meirande parte xa está circulando!
Logo adicamos varias sesións a traballar a linguaxe do cómic:
1. Preparamos materiais para coñecer os elementos do cómic:
2. Creamos un personaxe a partir dunha figura xeomética3. Dotamos ó noso personaxe de emocións4. Con todo o que aprendemos, polo Día da Paz propuxemos elaborar unha tira cómica de tres viñetas5. E estes foron algúns dos fantásticos resultados
Comentarios