TERCEIRA SESIÓN DE CÓMIC

Emocións para conmemorar o Día da Paz. 

Coincidindo coa celebración do Día da Paz, dende o Equipo de Biblioteca decidimos dar un novo paso para deseñar os nosos cómics. 

Nesta ocasión propuxemos ó alumnado varias novas , como se pode ver neste post, entre as que debían elixir unha que lles emocionase. 

A continuación debían elaborar un cómic de tres viñetas no que empregasen alomenos unha cartela, un bocadillo e o personaxe creado nas anteriores sesións expresando unha emoción. Neste enlace poderedes coñecer a ficha de traballo

Premendo na seguinte imaxe accederedes a outros momentos da sesión. 




Comentarios