EMOCIONADOS CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Todo un mes para a Paz.

Durante o mes de xaneiro toda a actividade na Biblioteca estivo enfocada a unha elaboración final relacionada co Día da Paz. Así, nas sesións semanais de traballo na Biblioteca abordamos un tema que nos entusiasmou: o cómic

    1. Tras analizar os elementos do cómic e crear os nosos personaxes propuxemos esta tarefa final.
    2. Así xurdiron preciosos traballos coma este de Educación Infantil. 
    3. O mes rematou cunha actividade conxunta no patio cuberto do colexio, organizada polo Equipo de Actividades Extraescolares. 

Comentarios