ASÍ INVESTIGAN EN INFANTIL: OS CATRO ELEMENTOS
Durante este curso, o alumando de infantil embarcouse nunha aventura moi especial: descubrir os catro elementos da natureza: terra, auga, aire e lume, a través de diferentes proxectos que levaron a cabo nas aulas. Cada recuncho, cada saída e cada actividade foi unha oportunidade para observar, investigar e sobre todo aprender.
Durante o proceso, as nenas e nenos convertéronse en auténticos investigadores, buscando información, facendo hipóteses e documentando todo o aprendido. Aquí vos deixamos un pequeno resumo de como se foi tecendo esta rede de aprendizaxes arredor dos elementos, acompañada de fotos reais do proceso de investigación.
- Pegadas da sabana
Comezaron explorando a sabana africana, un lugar cheo de vida salvaxe onde o sol (lume) e o vento (aire) teñen un papel fundamental. A través das pegadas dos animais, fixeron unha viaxe polo continente africano, aprendendo sobre os seus climas, os hábitats e como os animais se adaptan. Observaron vídeos, libros ilustrados, revistas e maquetas.
- Da aula á horta:
Este proxecto foi o fío condutor que nos permitiu relacionar os catro elementos naturais:
• Terra: sementaron e coidaron as plantas.
• Auga: regaron, aprenderon sobre a importancia da choiva e o ciclo da auga.
• Aire: observaron como o vento move as plantas e como axuda na polinización.
• Lume: falaron do sol como fonte de luz e calor, fundamental para que as plantas medren.
- Ti si que sabes:
A través deste proxecto o alumando mergullouse nun mundo cheo de misterios, cores e animais sorprendentes… o fondo do mar! Investigaron, observaron, xogaron e crearon novos aprendizaxes arredor dos animais mariños.
Coñeceron peixes de todos os tamaños, polbos, estrelas de mar, cabaliños mariños, tartarugas, golfiños, baleas e moitos máis. Aprenderon onde viven, como respiran, que comen e como debemos coidar os océanos para que sigan sendo o seu fogar.
Como verdadeiros mariñeiros, fixeron un caderno de bitácora, no que foron anotando todo o que descubrieon durante esta gran aventura:
Cada paso desta viaxe estivo cheo de curiosidade e participación. As nenas e nenos foron protagonistas da súa aprendizaxe, facendo preguntas, anotando ideas, comparando materiais e sobre todo, conectando coa natureza. Con todo o traballo preparamos exposicións e unha representación para á comunidade educativa, dando visibilidade aos nosos proxecto.
Parabéns polo voso traballo!
Comentarios