O pasado 9 de xuño recibimos na biblioteca do colexio a visita de Iago Araujo, profesor da academia de cómic Kame.
Durante a sesión, falamos sobre o cómic Carrilanas bestiais, de Esteban Souto, que foi a última lectura do noso club de lectura.
Iago explicounos con detalle como se crea un cómic: desde o proceso de debuxo das ilustracións ata a escritura dos textos.
Despois tivemos a oportunidade de aprender a deseñar os nosos propios personaxes de cómic, poñendo en práctica o que nos ensinou.
Foi unha sesión moi entretida e motivadora, onde o alumnado deu renda solta á nosa imaxinación e creatividade.
Comentarios