OBRADOIRO DE RADIO

 A semana pasada o alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de participar nun obradoiro  moi especial, da man de Damián de Radio Voz, que nos achegou ao apaixonante mundo da radio. 

Ao longo da sesión, explicounos como funciona unha emisora de radio por dentro: desde como se crea unha escaleta ata como debemos ler, falar, improvisar, usar os micrófonos, poñer efectos sonoros ou introducir música.

Logo desta parte máis teórica, ofreceunos varios temas a escoller para facer o noso propio programa de radio. Por parellas, escollíamos un tema e elaborabamos a nosa escaleta-guión, seguindo un modelo.

E chegou o momento máis emocionante: a gravación! Unha parella encargábase de locutar mentres outra facía de técnicos/as de son, controlando os micrófonos, subindo e baixando volumes e metendo música cando era necesario.

Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora, na que aprendemos moito e, sobre todo, desfrutamos como verdadeiros e verdadeiras profesionais da radio. 



Comentarios