CLUBE DE LECTURA . FEBREIRO
O luns 9 de febreiro celebramos a terceira xuntanza do noso Clube de Lectura.
Nesta ocasión, os nenos e nenas leron Harry Potter e a pedra filosofal, da autora J. K. Rowling.
Durante a xuntanza falamos das catro casas que forman o colexio Hogwarts de maxia e feitizaría:
Gryffindor
Slytherin
Ravenclaw
Hufflepuff
Comentamos as características de cada unha e o alumnado compartiu en cal se sentiría máis identificado.
O encontro rematou cunha actividade creativa na que os nenos e nenas decoraron os escudos das casas, deixando voar a súa imaxinación e demostrando moita creatividade.
Foi unha xuntanza moi animada e amena, chea de participación e entusiasmo lector.
Como agasallo final, levaron un marcapáxinas de Harry Potter para acompañalos nas súas próximas lecturas

Comentarios