TALLER MAXIA E CIENCIA. ARENARIA COORDINACIÓN

Nesta sesión de maxia e ciencia tratamos de mostrar cómo detrás da maxia, sempre hai una explicación científica ademáis dunha dose de habilidade. Ao longo da sesión houbo varios experimentos que aínda que a primeira vista poderían parecer maxia, son ciencia pura  e dura.

Fixemos varios experimentos onde o alumnado participou activamente como: valoración de ph, crear un extintor, bolsas de té voadoras, lá de aceiro, globo de CO2 e globo de auga, efecto de Bernoulli, lume na man, auga que non cae.



Comentarios